A formación e o intercambio son dous pontos fortes da TITELBILD. O noso persoal asiste regularmente a conferencias e cursos para mellorar as súas aptitudes lingüísticas e profesionais e estar en día das tendencias. A TITELBILD está na vangarda da transferencia lingüística para os medios audivisuais. Os nosos expertos receben frecuentes invitacións para falar en conferencias internacionais na Alemaña e no estranxeiro. Temos un programa anual de intercambio coa emisora australiana SBS grazas o cal cada ano un empregado da TITELBILD pasa un mes na SBS en Sydney e un subtitulador da SBS únese ao noso equipo en Berlín.
A TITELBILD é membro activo da serie de conferencias “MuTra – Multidimensional Translation“ fundada pola UE. Estas conferencias de alto nível, que teñen lugar en distintos lugares da Europa, examinan as múltiples dimensións dos cenarios de tradución modernos e o impacto das novas tecnoloxías.
Tamén desempeñamos un papel importante na conferencia internacional Languages and the Media que se celebra cada dous anos en Berlín. Languages and the Media converteuse nunha das convencións internacionais máis importantes para a industria da tradución audivisual e para as emisoras que proporcionan aceso aos medios. A directora xeral, Mary Carroll, é membro da xunta directiva de Languages and the Media.
Mary Carroll tamén é membro do Transmedia Research Group, ESIST (Asociación europea de estudos sobre tradución audiovisual), BDÜ (Asociación federal alemá de intérpretes e tradutores) e Transforum.
Os nosos seminarios para tradutores profesionais, lingüistas e estudantes son moi populares tanto na Alemaña como no estranxeiro. O libro Subtitling, do que Mary Carroll, fundadora e directora xeral da TITELBILD, è coautora, converteuse nun libro de texto estándar e obra de referencia en todo o mundo.