Subtítulos para surdos e persoas con problemas de audición

Somos especialistas en subtítulos para surdos e persoas con problemas de audición. Consultamos a espectadores surdos e con problemas auditivos e colaboramos con expertos para mellorar a calidade dos subtítulos. A TITELBILD è membro activo dunha iniciativa para proporcionar un mellor acceso ao cinema á comunidade de persoas con problemas visuais e auditivos da Alemaña.

Un de cada sete alemáns é surdo ou ten problemas auditivos. Os subtítulos dan acceso aos medios a este importante grupo de persoas. Produtores, distribuidores e emisoras poden aumentar o seu público proporcionando subtítulos abertos ou teletexto en todos os seus canais.

A TITELBILD especialízase nos subtítulos para surdos e persoas con problemas auditivos para cinema, DVD e televisión. A produción épica “O Señor dos Aneis” e o filme “Lutero” foron subtitulados para o público surdo e con problemas auditivos. “Lutero” foi o primeiro filme proxectado na Alemaña con subtítulos especialmente dirixidos a este grupo. Polo seu traballo no proxecto, a TITELBILD recebeu o prestixioso Premio á Innovación do Cinema Alemán.