A TITELBILD é unha importante empresa de tradución e subtitulación especialista en proporcionar servizos de acceso aos medios audiovisuais, en especial mediante subtítulos para surdos e persoas con deficiencias auditivas. Ofrecemos traducións, subtítulos, formación e servizos de asesoramento para clientes das áreas dos negocios, a educación e os medios de comunicación.
A calidade é a nosa prioridade. A motivación do noso persoal e o noso estrito control de calidade son claves para conseguir a satisfacción do cliente. Os nosos tradutores son expertos lingüísticos. Empregamos os programas de tradución, terminoloxía e subtitulado máis modernos para garantir o mellor servizo posíbel.
A TITELBILD é rápida e innovadora. Ofrecemos un completo servizo de subtitulado para formatos novos e convencionais. A TITELBILD especialízase no reversionado e voiceover e abrangue todos os pasos do proceso de produción.